top of page

Muda dun cobregón

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 24 ago 2022
  • 1 Min. de lectura

Cando na calor do verán aumenta a humidade ambiente, moitos ofidios aproveitan para cambiar a pel e así poder medrar.


Nestas fotos amosamos a exuvia ou camisa dun cobregón (Malpolon monspessulanus) de 1,31 m de longo, da que se desprendeu o pasado 8 de agosto, na beira dun camiño do bosque Ridimoas, aproveitando os 5,4 l/m2 que, pola tarde, nos deixara unha pequena treboada. Ese día, 8 de agosto de 2022, a temperatura mínima fora de 20ºC e a máxima de 37,8ºC, con vento frouxo do NE.


Como se pode deducir, os factores inorgánicos dun biotopo, inciden directamente sobre os seres vivos que nel habitan.

ree

ree

ree

 
 
 

Comentarios


bottom of page