top of page

Merca dunha parcela

Acabamos de mercar 2000 metros cadrados de bosque, na marxe esquerda do regato de Caldelas, na paraxe da Barbaña, no concello ourensán de Leiro, integrado na masa forestal de Ridimoas. Con esta merca seguimos dando continuidade á superficie forestal que enmarca o bosque de ribeira asociado aos muíños, mercados anteriormente.


Amieiros, salgueiros e carballos son as árbores máis representativas desta parcela invadida parcialmente por mimosas que iremos eliminando co traballo diario de silvicultura. De entre a fauna que podemos observar destacan os gaiteiros (do xénero Calopteryx), o merlo rieiro, a lavandeira real e, ocasionalmente, a lontra.


Na ladeira de exposición leste, hai un penedo cunha pequena cova onde se gorecían os labregos doutros tempos, cando os soprendía unha treboada.


bottom of page