Merca de parcelas
- Paula Rodríguez Domínguez
- 3 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Cumprindo cos acordos da Asemblea Xeral do pasado 25 de marzo, xa se mercaron os primeiros 8.626 m2 de espazo forestal, no concello de Beade, correspondentes ás parcelas 37 e 48 do polígono 7, xunto coa 122 do polígono 10. Ademais, estamos rematando a redacción da merca doutros 1.814 m2, noutras parcelas tamén propostas na asemblea e que se puideron ver durante a visita do domingo pasado coas socias e socios.

Estamos ante unhas parcelas de vital importancia para asegurar o futuro do bosque nesa zona, tan ameazada polos desmontes agrarios.

Comments