top of page

Lagarto das silvas

Hoxe fomos á Barbaña, zona baixa do bosque, a tentar observar ao lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), coñecido na nosa zona como lagarto dos muíños, por ser nesas contornas onde resulta máis visible.


A pesar de que o día estaba desapacible, saia algunha raiola de sol entre a chuvisca, o que nos animou a quedarnos a esperar para localizar este fermoso réptil endémico do occidente peninsular. Finalmente conseguimos observar un macho, lucindo a cor azul da cabeza, e unha femia que foi máis complicada de fotografar por estar máis agochada.


Levabamos anos sen ver esta especie por aquí, pero trala merca e acondicionamento destas parcelas pola asociación, hoxe comprobamos que volve estar presente.


A pesar de non ser dos mellores días para observar réptiles, o lagarto das silvas saiu a aproveitar cada raio de sol. Temperatura mínima: 4ºC Temperatura ao mediodía: 13ºC

Uns dias despois, no mesmo espazo, puidemos fotografar a unha femia e a un xuvenil.




bottom of page