top of page

Florean as centauras

Dende hai uns días, nuns poucos hábitats do bosque florean as centauras (Centaurea nigra subsp. rivularis). Vexetan de forma individual ou en pequenos grupos, en terra seca e compacta, aproveitándose dos claros ocasionados, na carballeira, pola roza manual do sotobosque.

Esta planta, de máis de medio metro de altura, é un endemismo ibérico basicamente do cuadrante NO asociada á orla da carballeira e a pasteiros seminaturais. Segundo a lenda mitolóxica, recibe tal nome por curar dunha ferida ao centauro Quirón.


Por ser máis ben atlántica, en Ridimoas o seu status é de non frecuente e considérase relicta de climas máis húmidos.

Ilustración de Pablo Oitabén.

Foto (arriba) de Xusto Veloso.

bottom of page