top of page

Floración e froito do cancereixo

O cancereixo (Sorbus aucuparia) é unha árbore autóctona en Galicia, en zonas altas, frescas e silíceas. En Ridimoas contamos con algún exemplar na parte alta do bosque.

Cancereixo (Sorbus ocuparia) en flor. Bosque Ridimoas. Data: 05 de maio de 2021.


A floración do cancereixo en Ridimoas é en maio. A vistosidade das flores desta árbore deu lugar a que se usara tradicionalmente de maneira ornamental. Nesta altura do ano, en xullo, as flores xa están case convertidas en froitos silvestres, ricos en taninos e vitamina C. Antigamente eran empregados contra o escorbuto. Os froitos poden permanecer nas pólas ata o inverno, pero temos comprobado que as aves do noso espazo forestal non esperan tanto e consómenos nada máis poñerse vermellos.

Cancereixo (Sorbus ocuparia) cos froitos. Bosque Ridimoas. Data: 21 de xullo de 2021.



bottom of page