top of page

Eliminación de mimosas

Continuamos traballando intensamente na eliminación de mimosas (Acacia dealbata) na paraxe de A Barbaña, do bosque Ridimoas.


As mimosas, orixinarias de Nova Gales do Sur, Victoria e Tasmania (Australia) foron introducidas en Europa no século XIX con fins ornamentais. A principios de século XX empezaron a plantarse no Ribeiro para obter estacas dereitas destinadas á rodriga das viñas, e á súa expansión rematou por converter a esta especie en praga, desequilibrando as comunidades vexetais autóctonas coa conseguinte perda de biodiversidade.

Eliminar e controlar o avance das mimosas supón un traballo continuo, dada a facilidade que teñen para retoñar. Frear o seu avance precisará apoio técnico e económico institucional a longo prazo, tendo en conta a latencia da semente ao longo dos anos.

bottom of page