top of page

Consolidando o bosque autóctono

Os traballos de mellora e restauración do bosque autóctono seguen, centrándonos os últimos días na eliminación de eucaliptos (Eucaliptus globulus) e mimosas (Acacia dealbata); especies invasivas procedentes de Australia e Tasmania.

Neste labor traballaron catro persoas experimentadas en silvicultura, que deixaron dúas parcelas listas para recibir carballos (Quercus robur), cerquiños (Quercus pyrenaica), castiñeiros (Castanea sativa), teixos (Taxus baccata) e acivros (Ilex aquifolium).


Como se pode deducir, despois da merca, algunhas parcelas precisan da nosa axuda. Despois, elas soas xa van acadando o seu equilibrio natural

bottom of page