top of page

Cobregón ferido

O pasado 3 de xuño, recibimos a chamada dunha veciña de Cuñas (Cenlle) Ourense, socia de Ridimoas, avisándonos de que había unha cobra enganchada na rede dun xardín. Inmediatamente achegámonos ao lugar e comprobamos que se trataba dun cobregón (Malpolon monspessulanus).


O animal estaba tan enganchado e tapado pola rede que foi necesario ir cortando as mallas para afrouxar a presión. Cando conseguimos liberala sorprendeunos o dano que a rede lle fixera. Tiña totalmente esfolado o pescozo e a pel do revés cubríalle a cabeza, deixándolle a carne ao aire. Limpamos a esfoladura e instalámola nun lugar confortable. Ao seguinte día, o cobregón foi operado (hai que destacar que maxistralmente) na clínica veterinaria San Cibrao do Carballiño, onde recibiu tratamento adecuado e moitos puntos de sutura, despois de limpar e desinfectar a abertura do pescozo. Agora, estamos a facerlle curas diarias e somos moderadamente optimistas de que logre recuperarse.





Datos deste cobregón:

130 cm de longo.

10 anos de vida.

Comments


bottom of page