top of page

Cobra riscada

O respecto pola vida silvestre segue en alza: a pasada fin de semana volvemos liberar nun hábitat arbustivo do bosque Ridimoas outra cobra riscada (Zamenis scalaris), de 66 cm de longo, rescatada do interior dun pozo nunha vivenda en Beade.


Con esta, xa son tres especímenes recollidos en pouco tempo en vivendas humanas, polo que comezamos a considerar o medio ambiente rural, no Ribeiro de Avia, como o hábitat preferido deste réptil; pois ao revisar datos dos últimos tres anos, vemos que a maioría, dez individuos, foron rescatados neste medio.


Desde Ridimoas seguimos divulgando as características desta inocua serpe, sabedores de que o primeiro paso para protexer é coñecer.



bottom of page