top of page

Cerdeira de Acios

O Informativo que cada ano enviamos aos socios está a puntiño! Este ano dedicámoslle a imaxe principal en portada á cerdeira de acios (Prunus padus).


A cerdeira de acios é autóctona de Ridimoas e é unha árbore-arbusto moi rara na flora ibérica, sendo esta especie un dos tesouros botánicos de Ridimoas por constituír un dos poucos lugares da península nos que nace de forma natural, cunha poboación que por ser autóctona, prospera e está en expansión dentro do bosque.

Debido a esta expansión natural, Ridimoas representa un hábitat moi importante para o futuro da especie. A súa floración é moi vistosa.


Fotos: Mani Moretón. Realizadas a un exemplar o 20 de marzo de 2019, en Ridimoas.

bottom of page