top of page

Cabaciños

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 8 may 2024
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 10 jun 2024

Despois das intensas chuvias, os muros e beiras de camiños de Ridimoas engalanáronse coas flores dos cabaciños (Silene latifolia) planta dioica de talo longo e oco, nas que resulta doado distinguir os pés femininos dos masculinos.


Flores masculinas


As flores femininas presentan un pistilo concéntrico de pequenos pétalos, mentres os estamos esbrancuxados das flores masculinas sobresaen da corola formada por 5 pétalos bífidos.


Flores femininas


Outro nome vernáculo é o de ASUBIOTE, debido ao agudo asubío que se produce ao soprar no ovario seco da flor.

 
 
 

Comentarios


bottom of page