Becha das viñas
Cando alguén está a traballar na esfolla das viñas e sente nas mans o contacto cunha eiruga voluminosa de ollos grandes, significa que acaba de atoparse coa coñecida como "becha das viñas" (Deilephila elpenor), animal inofensivo e útil que se está alimentando das follas próximas aos acios, favorecendo a aireación das uvas. Aínda que tamén pode comer follas doutras plantas, na contorna de Ridimoas só a temos visto nas viñas.
A ilustración, con data 18 de xullo de 1990, realizada por Oitabén, amosa datos da súa bioloxía e o aspecto da bolboreta esfinxe da vide, resultante da metamorfose.
Comments