top of page

ASEMBLEA ANUAL, XANTAR E VISITA AO BOSQUE

  • hace 8 horas
  • 2 Min. de lectura

A Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o domingo 22 de marzo de 2026 no Pazo de Trasalba (Casa Museo Otero Pedrayo, Amoeiro). 




ASEMBLEA


Horario:

11:00 h.: Primeira convocatoria.

11:30 h.: Segunda convocatoria.


Orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta anterior, incluída no boletín informativo.

2. Informe sobre o estado do bosque Ridimoas, dos traballos realizados en 2025 e por realizar en 2026 (zonas intactas e áreas afectadas polo lume).

3. Plan de futuras mercas e de silvicultura adaptada ao cambio climático.

4. Rogos e preguntas.


Ao finalizar, celebraremos un xantar de confraternidade (14:00 h.) no Restaurante A Carballeira e, pola tarde (17:00 h.), realizaremos unha visita á parte queimada do bosque, en Beade, para ver de preto os efectos do lume e os labores de rexeneración.


Información importante sobre o xantar:

Horario: 14:00 h.

Prezo: 30 € : inclúe sopa, cocido, sobremesa (filloas), pan, café e bebidas.


Reservas: Ata o 15 de marzo por correo electrónico á nosa asociación: asociacion@ridimoas.com. Para outras opcións de comida é preciso contactar directamente co restaurante.


O pago poderá facerse de dúas maneiras

1. Mediante transferencia bancaria ao numero de conta da nosa asociación, dispoñible na web e que é o seguinte:

ES05 2080 5332 8330 4002 0684 (A Banca). Titular: Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas.

2. Mediante pago en efectivo o propio día da Asemblea, dando o importe exacto (30 € por persoa).


Datos do restaurante:

Restaurante A Carballeira.

Teléfono: 988384170.

Correo electrónico: info@carballeirasantacruz.com


Asistencia aberta a persoas non socias.


VISITA AO BOSQUE:


Ás 17: 00 h. achegarémonos ata a parte alta do bosque, afectada polo incendio de 2025, sempre tentando interferir o menos posible para non perxudicar á rexeneración natural do mesmo. Desta forma, as socias e socios poderán coñecer o estado da zona afectada e os traballos de silvicultura que se están realizando para facilitar á recuperación. 


O lugar de encontro para a visita será o dos últimos anos, na contorna da igrexa de Beade (Ourense).

Ubicación do lugar de encontro: https://maps.app.goo.gl/LhW8cwSe3CH97djQA


Tanto para a Asemblea, como para o xantar e a visita ao bosque, poderase vir con persoas que non sexan socias, tendo que realizar tamén a reserva para o restaurante.

 
 
 

Comentarios


bottom of page