top of page

Allo de can

Coa chegada de maio, o ALLO DE CAN (Hyacinthoides non-scripta) perde as flores e reconcentra no bulbo tódolos elementos que lle permitirán agromar dentro dun ano, a principios dunha nova primavera.

Como outras plantas dos nosos montes, este xacinto aventureiro está en regresión no Ribeiro de Avia, debido aos desmontes e aos herbicidas. En Ridimoas, o allo de can atopa o seu mellor hábitat no sotobosque da carballeira da Barbaña, nas proximidades do regato de Caldelas.

No Reino Unido, está protexido por lei e, desenterrar ou comercializar cos seus bulbos, é considerado delito. En Galicia deberíase seguir co exemplo e acometer con seriedade a conservación das nosas flores silvestres

bottom of page