Actividade "Entre o mar e as montañas"
Un pracer participar da iniciativa "Entre o mar e as montañas" de OMIX Ribadavia, un proxecto transfronteirizo que busca poñer en contacto a alumnado de Educación Primaria de diferentes rexións, neste caso, entre Ribadavia (Galicia) e o Norte de Portugal (A Furada). Encadrada neste proxecto, creouse unha guía ao longo do ano lectivo, a través de varias actividades levadas a cabo en espazos verdes, culturais e de lecer.
O pasado 25 de abril, realizamos unha visita á zona verde da Veronza de Ribadavia, na que aprendimos máis sobre a contorna e o río Avia; e mostramos ao alumnado ás árbores autótoctonas máis características e como recoñecelas. Compartimos o vídeo resumo realizado pola OMIX Ribadavia.
Comments