top of page

Acondicionando o bosque

Levamos días centrando os traballos de silvicultura na eliminación de mimosas (Acacia dealbata) e no acondicionamento e mellora do sendeiro peatonal na parte baixa do bosque na paraxe da Barbaña (Concello de Leiro), por onde transcorre o itinerario de visitas ao bosque.


No Carreiro do Muíño, talláronse escaleiras sobre unha laxa esbaradiza e restaurouse o muro orixinal a ambos lados do itinerario en dirección ás cerdeiras de acios (Prunus padus).


bottom of page