top of page

A rula


Como outras aves migratorias, as RULAS (Streptopelia turtur) xa están a abandonar o bosque Ridimoas.


Na actualidade, as rulas sufriron un baixón poboacional moi acusado, polo que requiren medidas de protección. Unha das principais intervencións da nosa asociación en favor das rulas é a de facilitarlle alimento e auga potable desde abril, que é cando lle escoitamos o primeiro canto, ata outubro, época na que marchan. Nas vésperas de marchar, non dubidan en compartir a comida cos pardais, aumentando de peso e collendo reservas enerxéticas suficientes para afrontar o perigoso regreso a África.

Rula entre un bando de pardais (Passer domesticus) alimentándose con millo a medio moer.


Preme na imaxe para ver o vídeo en facebook.

bottom of page