top of page

A historia de supervivencia dunha curuxa rehabilitada e devolta á liberdade

Hoxe queremos volver recordar a nosa querida curuxa (Tyto alba) que fora recollida en mal estado e rehabilitada primeiramente en Ridimoas, a través das mans de Pablo, e posteriormente polo Centro de Recuperación do Rodicio (Ourense).


Agora, compartimos o documento elaborado pola xornalista de natureza Ana Salceda para PBS Nature e que ven de publicarse nesta semana. Neste filme recolle toda a evolución da ave durante o proceso de recuperación.


Queremos agradecerlle a Ana todo o seu traballo, o seu compromiso e este fantástico resultado. Fóra de Estados Unidos este pequeno vídeo documental sobre a nosa amiga a curuxa só está dispoñible a través da canle de youtube de PBS Nature, polo que é moi importante que, se vos gusta, lle deades a gústame na súa canle.

Moitísimas grazas a Ana e a PBS Nature polo traballo e tempo dedicado, e máis nestes meses tan complicados. Un traballo colectivo para contribuír á supervivencia da especie.


bottom of page