top of page

A auga, un ben escaso

Dende que a auga líquida empezou a circular sobre a superficie do planeta, pasaron 4.000 millóns de anos e, aínda hoxe, os científicos seguen debatindo a orixe deste composto formado, a nivel molecular, por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno.


O caso é que a auga potable é un ben vital e, os humanos actuais, estamos a sufrir a escaseza da mesma, debido ao cambio climático propiciado desde o inicio da revolución Industrial, hai 250 anos.


Tamén os animais do monte (que en nada influíron nesta crise medioambiental) están padecendo as consecuencias da seca; por iso é importante acondicionarlle bebedoiros, para que poidan beber e refrescarse, como esta parella de Corvus corone.



bottom of page