Buscar
23 anos da recuperación do hábitat dos anfibios
- Paula Rodríguez Domínguez
- 22 feb 2021
- 1 Min. de lectura

Neste mes de febreiro cumpríronse 23 anos xa desde que en Ridimoas levaramos a cabo o proxecto de recuperación de anfibios (fundamentalmente píntegas e tritóns), creando un hábitat específico dentro do bosque, cunha poza que lles permite abandonar a auga cando desenvolven a respiración pulmonar e cando volven para criar, sen morreren afogados.

Este proxecto, realizado con alumnnos do IES O Ribeiro, conseguiu o obxectivo biolóxico e de visibilidade destes animais, obtendo recoñecemento e sendo exportado a outros lugares.

Trátase dun dos hábitats máis sensibles de Ridimoas e que contou, dende o primeiro ano, cunha productividade biolóxica altísima!

Comments