top of page
Buscar

Historia dunha lavandeira

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 10 ago 2020
  • 1 Min. de lectura

Hai uns días unha veciña de Ribadavia entregábanos unha cría de lavandeira (Motacilla alba) que estaba no chan nunha zona con perigo. É a primeira vez que temos que sacar adiante a un destes paxariños. No vídeo vese que xa medrou un chisco dende o día que chegou e pódese observar o gran apetito que ten.



Esta pequena lavandeira estase gañando un oco especial para os que estamos con ela cada día, gozando co seu cantar e a súa capacidade para socializar, chegando a pousar nas nosas mans (e cabezas) para descansar cando xa non quere comer máis.


Despois de nove días de coidados, o 9 de agosto devolvemos á liberdade a esta pequena ave, na contorna do río Avia, xa que esta especie adoita instalarse en hábitats fluviais.




Desexámoslle a este fermoso paxariño que lle vaia ben e poida completar o seu ciclo vital.



 
 
 
bottom of page