A curuxa: especie en declive
- Paula Rodríguez Domínguez
- 30 jul 2020
- 1 Min. de lectura
Lembrades aquela curuxiña (Tyto alba) que fora atopada no chan en moi mal estado? Pois ben, tras 74 días de coidados diarios xa foi devolta a liberdade, deixándoa libre en Bieite, onde fora encontrada.

O seu historial de rehabilitación:
- Data de entrada: 11 de marzo de 2020; pesaba 190 gramos.
Durante 24 días atendémola en Ridimoas, dándolle os coidados máis básicos e constantes que precisaba e fortalecéndoa cun complemento vitamínico para que saíra adiante.
- O 4 de xullo foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio (Ourense) para completar a súa rehabilitación, donde foi instalada nunha falcoeira e posteriormente nunha cámara de voo.
- Foi atendida polos Gardas de Medio Ambiente ata acadar o peso de 255 gramos, cunha envergadura de 90 centímetros e un longo de 30 centímetros, sendo todo o proceso documentado pola xornalista de natureza Ana Salceda, que se implicou dende o primeiro momento.
Un traballo colectivo para contribuír á supervivencia da especie.