Buscar
Falcóns pequenos
- Paula Rodríguez Domínguez
- 28 jun 2020
- 1 Min. de lectura
Ás tardiñas, na parte máis alta do bosque, volven resoar os berros característicos dos falcóns pequenos (Falco subbuteo). Voan por riba dos piñeiros con elegancia e lixeireza, mostrando a silueta máis estilizada das nosas aves de rapina. Chegaron para criar nun niño abandonado de Corvus corone e regresarán a África tropical cando empece o outono.

Nesta foto, de Felipe Bárcena, pódese intuír a capacidade voadora desta pequena rapaz que, cun peso de 200-300 gramos e un longo de 30-36 centímetros, pode acadar unha envergadura comprendida entre 74 e 82 centímetros; sendo os machos de tamaño menor que as femias.