Buscar
Avelaíña colibrí
- Paula Rodríguez Domínguez
- 25 jun 2020
- 1 Min. de lectura
Esta que vedes aquí, voando a plena luz do día durante o solsticio de verán, é a avelaíña colibrí (Macroglossum stellatarum). Como se pode ver, a converxencia cun paxaro mosca é evidente, pero en vez de peteiro a avelaíña sérvese dunha longa probóscide que cumpre coa mesma función: libar o néctar das flores. En xeral, as avelaíñas son nocturnas, pero sempre é posible observar excepcións.
Moitas grazas á César Espinar Conde, veciño de San Cibrao das Viñas, por facernos chegar estas imaxes.