top of page
Buscar

A nai de Bambi

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 10 jun 2020
  • 1 Min. de lectura

Hai días chegou ás nosas mans un corciño (Capreolus capreolus) da Baixa Arnoia (Ourense), traído polo servizo de Emerxencias Ribadavia que o recolleu tras recibir aviso. Na primeira noite atendemos ao cativo e, ao día seguinte, foi trasladado ao Centro de recuperacion de Fauna do Rodicio.


Desde aquí queremos agradecer a boa vontade da veciña que o recolleu e alertou a emerxencias, pero tamén queremos realizar un chamamento a que non se recollan estes corciños encamados, pois as nais sempre estan perto e volven xunto deles para aleitalos, lambelos e ensinarlles estratexias de supervivencia.


Confiamos na pericia do Centro do Rodicio e desexamos que "Bambi" volva á vida silvestre.


 
 
 
bottom of page