Día Mundial do Medio Ambiente
- Paula Rodríguez Domínguez
- 5 jun 2020
- 1 Min. de lectura
Este ano celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cunha nova residente en Ridimoas, que sempre nos visita arredor destas datas; trátase dunha das aves máis enimágticas e emblemáticas coas que marabillarnos no bosque, que percorre miles de quilómetros para chegar ata aquí cada ano, sorteando todo tipo de dificultades: falamos da noitebra (Caprimulgus europaeus). Ave nocturna que mesmo semella gozar de que a observemos durante os seus voos a baixa altura e que a sintamos "rosmar" despois da posta do sol.
A vida das noitebras está envolta no manto misterioso da noite, debido ao son tan característico e enigmático que emite. Escoitala resulta gratificante para quen apreciamos o esforzo do seu periplo migratorio desde África, as peculiaridades da posta dos ovos e a crianza que fai no chan.




Moitísimas grazas a Tracing Nature por facernos chegar fotos tan fermosas desta ave tan senlleira.