Buscar
Cría de curuxa
- Paula Rodríguez Domínguez
- 23 may 2020
- 1 Min. de lectura
Nesta estación do ano, tódolos animais do bosque están atarefados en quitar adiante novas xeracións que den continuidade ás especies.
Por diversas causas, algunhas crías, como esta curuxa da contorna de Ridimoas, aparecen desprovistas da protección dos proxenitores, polo que en ocasións temos que suplir os coidados, para evitar que morran e poidan volver ao seu hábitat.
A curuxa común (Tyto alba) é unha rapina noiteira que no noso país está acusando un importante declive, polo que cada cría ten un valor enorme para o mantemento da especie.