Buscar
15 anos con Mancha
- Paula Rodríguez Domínguez
- 5 abr 2020
- 1 Min. de lectura
Hoxe a nosa compañeira, a egua Mancha, cumpre 15 anos! E foron 15 anos acompañándonos nos traballos diarios do monte, sendo tamén o seu lugar de recreo. Durante todo este tempo converteuse na gran valedora de Ridimoas, demostrando ser moi competente en labores de vixilancia.
Nestes anos, a Mancha tivo que superar algunhas doenzas propias de equinos, pero grazas aos coidados veterinarios puido afrontalas e recuperar a saúde.
Estamos moi agradeidos pola sorte que temos de poder compartir estes 15 anos con ela, e esperamos que sexan moitos máis!
