Buscar
Hábitat novo, vida nova
- Paula Rodríguez Domínguez
- 27 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Resulta gratificante ver como nos novos hábitats que temos acondicionados no bosque Ridimoas, a vida silvestre vaise abrindo camiño.
Hoxe logramos fotografar un tritón ibérico que forma parte da comunidade de anfibios que se instalaron de seu na nova poza. Para facerlle a foto houbo que usar un recipiente de cristal, e despois foi inmediatamente devolto ao entorno.

A poza non é moi grande pero está chea dun ben natural cada vez máis escaso: auga sen contaminar. O éxito biolóxico que estamos comprobando reafírmanos na estratexia de seguir mercando terra para que a vida silvestre teña unha oportunidade.