Buscar
1.733 m2 máis de bosque autóctono
- Paula Rodríguez Domínguez
- 6 sept 2019
- 1 Min. de lectura
Acabamos de mercar 1.733 m2 de bosque autóctono na paraxe da Barbaña, entre os concellos ourensáns de Leiro e Beade, para ampliar a zona de protección de flora e fauna fluvial; entre a flora atópanse o acereiro (Prunus lusitanica) e a cerdeira de acios (Prunus padus) e, entre a fauna, a lontra (Lutra lutra), o merlo rieiro (Cinclus cinclus) e o lagarto dos muíños (Lacerta schreiberi), entre outras especies.

Moitísimas grazas a tódolos socios e socias por confiar no noso proxecto e dar o imprescindible apoio económico para seguir traballando polo estudo e defensa dos bosques autóctonos.