Buscar
Bosque Ridimoas: PROHIBIDO CAZAR
- Paula Rodríguez Domínguez
- 27 ago 2019
- 1 Min. de lectura
Estes días andamos a repoñer letreiros no bosque Ridimoas, na paraxe da Barbaña, comprendida no concello ourensán de Leiro.

Como se pode ver, estes letreiros están rotulados a man, porque os orixinais foron desaparecendo, ocasionándonos unha perda económica e a dificultade de encarar as batidas de caza que se veñen realizando dende a fin de semana pasada en toda Galicia.
A fauna silvestre desta parte do bosque sofre a presión dos cazadores do TECOR de Leiro; esperamos que quede claro que non teñen o permiso para entrar nas nosas parcelas armados.