top of page
Buscar

Solta dun pardal

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 23 jul 2019
  • 1 Min. de lectura

Vimos de devolver á liberdade a este pequeno pardal que hai días recollemos do chan, nunha zona na que a súa supervivencia estaba en perigo debido á gran presenza de gatos domésticos polos arredores...


Cando o recollemos era moi pequeniño, aínda non lle naceran as plumas, sufría desnutrición e estaba moi frío. Tras coidados constantes nunha instalación caldeada, e alimentándoo día e noite con insectos, calcio, xema de ovo cocida, auga e froita, foi recuperando a saúde.


No vídeo vemos un dos primeiros voos de proba, nos que aproveitamos para deixalo libre e así socializar con conxéneres da súa especie, que ían ao seu encontro. Tras varios días, hoxe xa estaba preparado para independizarse!


Entre 2008 e 2018, grazas a un programa de seguimento de #seo_birdlifeconstatouse o descenso da poboación deste paxaro, reducíndose un 21% en España. En Ridimoas tamén notamos o seu descenso e por iso desexamos con moitas gañas que esta pequena ave liberada hoxe poida completar o seu ciclo vital.


Esperamos que todo lle vaia moi ben ao noso amigo!


 
 
 
bottom of page