Un sapoconcho de 100 anos!
- Paula Rodríguez Domínguez
- 12 jul 2019
- 1 Min. de lectura
Onte, un veciño de San Cristovo (Ribadavia) avisounos dunha tartaruga de río que atopara na zona das areeiras. Cando a fomos recoller, puidemos comprobar que se trataba dunha femia de sapoconcho europeo (Emys orbicularis), o réptil máis ameazado de Europa. Despois de revisala e comprobar as súas medidas, concluímos que estamos ante un exemplar que contará con perto de 100 anos de idade!
Moi pronto devolverémola á liberdade nas beiras do río Avia, onde, como xa sabedes, vimos de alugar unha parcela para favorecer a conservación do hábitat deste galápago.
Queremos agradecer a AHE-Galicia toda a axuda e colaboración que nos está brindando; e tamén agradecerlle ao Pedro Alfaro, veciño de San Cristovo, por darnos o aviso e permitirnos así recoller información e rexistrar este exemplar.
Compartimos os seus datos biométricos e imaxes recollidas esta mesma tarde:
Sapoconcho Sexo: femia Peso: 1 quilo Lonxitude curva lumbar: 20 centímetros Lonxitude do plastrón: 16 centímetros Procedencia: A Quinza (Ribadavia), río Avia.
Vídeo: Paula Rodríguez
Comments