Buscar
Por unha viticultura máis ecolóxica
- Paula Rodríguez Domínguez
- 29 jun 2019
- 1 Min. de lectura
As aves que viven nos medios agrarios atópanse, na actualidade, entre as máis ameazadas. Lonxe empezan a quedar os tempos en que as viñas eran o hábitat elixido por distintas especies de paxaros para aniñar; por iso resulta gratificante ver como un manexo máis ecolóxico da viticultura volve a facer compatible a produción agraria coa vida silvestre.
Ogallá estas imaxes animen a máis colleiteiros a sumarse a un manexo da Terra máis respectuoso co medio ambiente.