Buscar
Reprodución do castiñeiro
- Paula Rodríguez Domínguez
- 27 jun 2019
- 1 Min. de lectura
Outro espectáculo floral que temos á vista nesta época é a reprodución do castiñeiro (Castanea sativa), tamén con flores unisexuais, como o carballo ou o piñeiro.
As flores masculinas, xa adoptaron a cor amarela tan característica e dispóñense en amentos. As flores femininas son verdes, atópanse na base das masculinas e nelas está o xineceo, o conxunto dos pistilos (os órganos reprodutores) converténdose, a través da polinización, nos ourizos dos que sairán as castañas no outono.
Unha fermosura natural moi fácil de admirar nesta altura do ano.

Flores masculinas

Flores femininas

Flores femininas e masculinas do castiñeiro (Castanea sativa).