top of page
Buscar

Leirón careto

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 16 jun 2019
  • 1 Min. de lectura

Aquí temos ao leirón careto (Eliomys quercinus) roedor de hábitos nocturnos que foi abundante en Ridimoas pero do que non tiñamos datos recentes que nos permitiran constatar a súa presenza actual. Sen embargo, recentemente, puidemos volver observalo a través de cámara fototrampa.


Debido á súa alimentación, da que forman parte, ademais de vexetais, pequenos invertebrados, é moi sensible aos efectos dos fitosanitarios, podendo ser esta causa da súa regresión nos últimos anos.


É unha ledicia ver que este roedor, con anteface continúa, segue compartindo connosco a súa vida dentro do bosque.

Grazas a Javier Estévez pola foto.


 
 
 
bottom of page