top of page
Buscar

Terras para salvar o sapoconcho

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 9 jun 2019
  • 1 Min. de lectura

Vimos de lograr o arrendamento dunha parcela para o sapoconcho!


Á vista da desidia mostrada polo concello de Ribadavia no referente á conservación da biodiversidade (pese á documentación que Ridimoas lles aportou) e da obriga que o concello ten de protexer e mellorar un dos mellores hábitats de Galicia do sapoconcho europeo (Emys orbicularis) no areal de San Cristovo, vímonos na urxencia de iniciar o arrendamento dunha parcela de 5.000 m2 de superficie, lindante coas lagoas da beira do río Avia, onde sobreviven algúns quelonios autóctonos, en risco de extinción.


Con esta nova iniciativa, tentamos consolidar un espazo seguro para o Emys orbicularis, no que as femias reprodutoras poidan realizar a posta dos ovos, imprescindible para a continuidade biolóxica da especie.


 
 
 
bottom of page