Día mundial do cirrio
- Paula Rodríguez Domínguez
- 7 jun 2019
- 1 Min. de lectura
Hoxe é o o primeiro Día Mundial do Cirrio e en Ridimoas temos moita experiencia con estas aves, para as que temos casiñas deseñadas especificamente para que elas aniñen, e cada ano visítannos. Na foto podedes ver un cirrio (Apus apus) en Ridimoas, tras realizar unha viaxe migratoria por lugares como Uganda, Tanzania ou Kenya, durante o inverno, e que vén á península Ibérica para pasar a época estival. A súa visita brindanos a oportunidade de comprobar que, a pesar de todos os perigos que durante a súa viaxe ten que afrontar, tras percorrer arredor de 11.000 km anuais, esta ave migratoria conseguiu sobrevivir un aniño máis. Oxalá volvamos reencontrarnos o ano que ven e poidamos volver celebrar este día.

Comments