top of page

Moito por facer...

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 5 jun 2019
  • 1 Min. de lectura

Compartimos foto do resultado dunha autopsia realizada a unha das cegoñas que tivemos ao coidado de Ridimoas hai arredor de 30 anos, cando Pablo Oitabén estaba inmerso na recuperación e conservación das cegoñas en Galicia. Xa daquela a convivencia coa fauna silvestre era complicada e comezaban a reducirse de maneira alarmante os pastizais e os bosques; foi entón cando comezamos a traballar na recuperación dun bosque autóctono, Ridimoas, e tamén da fauna salvaxe.

Na primeira foto podemos ver o contido do estómago dunha cegoña naquela época, sendo a súa causa de morte a inxesta de residuos agrícolas onde antes había pastizais. Nestes anos pouco mudou a situación, afortunadamente a sensibilidade cidadá aumentou pero isto non se traduciu nunha mellor xestión do noso patrimonio natural; a segunda foto é de 2019.

Hoxe é o Día Mundial Do Medio Ambiente e non hai moito que celebrar.





 
 
 

Comments


bottom of page