top of page

Pyracantha en flor

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 4 jun 2019
  • 1 Min. de lectura

Xa está en flor a Pyracantha. Este arbusto é utilizado, principalmente, de xeito ornamental, pero tamén cumpre cun gran papel para os bosques, sendo un bo acubillo para a fauna silvestre, xa que nel aniñan moitas especies de paxaros e as súas flores son moi apetecidas polos insectos; as bagas aportan unha gran fonte de alimento, desenvolvéndose a finais do verán e durando até o outono, ao igual que acontece con outras sebes como o estripeiro, o acivro ou o abruñeiro, que facilitan comida á fauna máis alá da época estival.


 
 
 

Comments


bottom of page