Pereira brava
- Paula Rodríguez Domínguez
- 24 may 2019
- 1 Min. de lectura
Estes días, durante as visitas guiadas ao bosque, amosamos as pereiras bravas (Pyrus cordata) que, de forma espontánea, aparecen á beira do camiño, na parte media do noso espazo forestal. Agora mesmo, as pequenas peras xa son ben visibles.
A pereira brava, ou pereira silvestre atlántica, aparece nas fachadas atlánticas de Francia, Península Ibérica e hábitats relictos de Inglaterra. É unha especie moi beneficiosa para o bosque, xa que é moi resistente, sobrevivindo ás xeadas tardías da primavera e ás altas temperaturas do verán; sempre e cando o seu medio ambiente estea libre de contaminación.
Na foto podemos ver unha ladeira do bosque Ridimoas, á beira do camiño, na que naceu unha pereira brava entre o resto da vexetación.

Kommentarer