A raíña dos olmos
- Paula Rodríguez Domínguez
- 3 may 2019
- 1 Min. de lectura
Estas son eirugas da bolboreta Nymphalis polychloros, a raíña dos olmos. O ano pasado criaron en Ridimoas e, como todo lles saiu ben, este ano teñen unha grandísima presenza no bosque, especialmente nas cerdeiras (Prunus avium), como se pode apreciar na seguinte foto.

Os socios de Ridimoas, recordaredes que hai dous anos fíxemos seguimento desta especie, xa que, xunto co boletín anual, enviáronse as fotografías a partir das cales puidemos estudar todo o seu proceso de metamorfose. Daquela a súa planta nutricia fora o salgueiro (Salix atrocinerea).
Grazas a Saba González por axudarnos coa identificación das eirugas dos insectos lepidópteros.

Bolboreta Nymphalis polychloros (ano 2017)
Commenti