As píntegas de Ridimoas
- Paula Rodríguez Domínguez
- 12 abr 2019
- 1 Min. de lectura
Nas seguintes fotos pódese ver unha larva e un individuo adulto de píntega (Salamandra salamandra gallaica) hoxe, na poza de anfibios de Ridimoas, mostradas durante unha visita escolar ao bosque.


As píntegas son anfibios de reprodución sexual e ovovivípara (poñen ovos pero eclosionan dentro do ventre da nai). As larvas nacen coas extremidades formadas e respiran por branquias plumosas; despois de realizaren a metamorfose, as píntegas abandonan a auga, tras desenvolveren respiración pulmonar. En Ridimoas temos un hábitat preparado para elas, cunha poza con saída lateral que lles permite non morreren afogadas trala metamorfose ou ao iren parir.

Comments