Buscar
Nova parcela do bosque
- Paula Rodríguez Domínguez
- 17 mar 2019
- 1 Min. de lectura
Esta é a primeira das parcelas que se mercarán este ano, de 4.629 m2, na paraxe da Sanchegada, en Beade. Trátase dunha parcela moi importante para nós porque estamos ante unha masa forestal sen presenza de especies de flora alóctonas, polo que o seu valor e interese ecolóxico é moi alto.
Unha vez máis queremos darvos as grazas a todas as persoas que facedes posible que sigamos mercando máis terras, para a conservación e como legado natural ás futuras xeracións.


