Lavandeira viaxeira
- Paula Rodríguez Domínguez
- 14 mar 2019
- 1 Min. de lectura
Hoxe queremos recordar a historia dun dos animais que temos no noso pequeno museo (no IES O Ribeiro de Ribadavia). Esta que vedes é a lavandeira branca (Motacilla alba). Foi recollida morta en Seixalvo (Ourense) o 4 de decembro de 1983, e viña anelada nunha patiña. Coma sempre, enviamos a anela devolta a onde indicaban os datos e, un tempo despois, chegounos unha carta desde o BTO British Trust for Ornithology, de agradecemento, por axudar a coñecer a distancia percorrida desta ave e o tempo vivido desde o seu anelamento; viña de Blaenavon (Gales), a invernar á península Iberica, concretamente á nosa provincia. Esta pequena ave viviu apenas 141 días (fora anelada o 16 de xullo do mesmo ano), pero nese tempo puido percorrer unha distancia de 1.109 km, unindo Gales con Galicia.

Lavandeira branca (Motacilla alba).

Esquema do percorrido, en liña recta, indicando a orixe e o destino da súa viaxe. Debuxo de Pablo Oitabén.

Carta recibida desde o BTO British Trust for Ornithology