top of page
Buscar

Cacería masiva contra o raposo

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 12 ene 2019
  • 1 Min. de lectura

Hoxe hai cacería de raposos nas catro provincias galegas. O argumento que se segue a dar desde a Federación Galega de Caza é que se vai facer "un control de poboación", repetimos: en base a que censo ou estudo científico sobre os individuos e parellas reprodutoras de raposos se pode argumentar esa afirmación? Trátase de matar masivamente a unha especie que xa hai moitos meses que se está cazando, contaminar os boques con chumbo e introducir moreas de cans nos montes, co apoio da Xunta de Galicia. Agora que a tempada de caza rematou, hai que controlar o "síndrome de abstinencia" matando diferentes especies até que chegue outubro e volva a comezar a caza dunha fauna sen apenas recursos para sobrevir ante a redución dos espazos naturais e a escaseza de alimentos. Moito ánimo a todas e todos os que estades hoxe arriscándovos para protexer a biodiversidade do patrimonio natural. #EuCoidoDoBosque#EuNonDisparo





 
 
 
bottom of page