Buscar
Novo ataque dos escopeteiros
- Paula Rodríguez Domínguez
- 26 dic 2018
- 1 Min. de lectura
Onte foi un día difícil de vixilancia contra a caza en Ridimoas, xa que se sentiron tiros na contorna e tamén no bosque. Os disparos comezaron no TECOR de Leiro, na paraxe da Barbaña, envolta en densa néboa matinal, e continuaron no TECOR de Corneira de Avia até a noitiña. Coa noite pechada, os animais do bosque pouco a pouco recuperaron o seu ritmo vital. Antes de marcharmos, para aliviar a xornada dura que vivimos, tivemos a fortuna de escoitar e observar a avelaiona (Strix aluco), preparada para a súa actividade nocturna, allea aos perigos diurnos dos escopeteiros.
