A vida dun tronco seco
- Paula Rodríguez Domínguez
- 5 dic 2018
- 1 Min. de lectura
Durante os últimos días, sentimos con intensidade o son dos petos furando co bico en troncos na procura de alimento. O particular son destas aves xilófagas lémbranos a importancia das árbores como fonte de alimento para a fauna e como lugar de cría, e tamén o enorme valor que teñen os troncos secos, nos que crían algunhas aves, como o peto real (Dendrocopos major).
Compartimos convosco esta fermosa foto que publicamos no boletín informativo 2014, como parte dun artigo no que, precisamente, poñiamos en valor os troncos secos, que despois de completaren o seu ciclo vital seguen contribuíndo á vida do bosque.
Foto de Mani Moretón, na que observamos a un peto real macho cebando a unha cría nun piñeiro seco, en Ridimoas.
