top of page
Buscar

O tesouro do Gaio

  • Paula Rodríguez Domínguez
  • 29 nov 2018
  • 1 Min. de lectura

Estamos no outono e, nesta época do ano, o gaio (Garrulus glandarius) enterra castañas, landras e noces no chan, como reserva alimenticia para o inverno, pero moitos destes froitos xermolan e permítenos ver nacer árbores. Trátase pois, dunha ave fundamental para a rexeneración dos bosques autóctonos.


E emulando a este imprescindile córvido, o socio Javier Estévez fainos chegar unha foto cunhas landras listas para enterrar e, pola pluma atopada, parece que o gaio anda preto!


Landras e pluma de gaio. Foto: Javier Estévez.


Gaios en Ridimoas. (Garrulus glandarius). Foto: Mani Moretón.



 
 
 
bottom of page